lunes, 8 de junio de 2009

Concurso As preguntas encadeadas


A película titúlase Un perro andaluz e o seu director foi Luis Buñuel.

Última pregunta: Na realización dese filme colaborou un famoso pintor surrealista catalán. Cal é o seu nome?
(O prazo para entregar a resposta remata o venres 12)

lunes, 1 de junio de 2009

Concurso As preguntas encadeadas

Alemaña, Francia, Italia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo foron os firmantes do Tratado de Roma.

6ª Pregunta: Nun deses países, filmou un cineasta español unha película muda en branco e negro que se estreou no ano 1928. Como se titulaba ese filme? Quen era o director?

(O prazo para entregar a resposta remata o venres 5)

lunes, 25 de mayo de 2009

Concurso As preguntas encadeadas


A resposta era Roma.
5ªPregunta: O 25 de marzo de 1957 firmouse nesa cidade un tratado que leva o seu nome. Que seis países o asinaron?
(O prazo para entregar a resposta remata o venres 29).

martes, 19 de mayo de 2009

Concurso As preguntas encadeadas


Rafael era a resposta á 3ª pregunta. O cadro titúlase A Academia de Atenas.

4ª Pregunta:
Ese pintor era tamén un destacado arquitecto e presentou un proxecto para unha das basílicas máis grandes do mundo. En que cidade se atopa esa basílica?
(O prazo para entregar a resposta remata o venres 22)

lunes, 11 de mayo de 2009

As preguntas encadeadas


A resposta á 2ª pregunta era: Aristóteles.


3ª Pregunta:
Este filósofo aparece nun cadro dun famoso pintor renacentista xunto co seu mestre e outros pensadores. Quen foi o autor dese cadro?
(O prazo para entregar a resposta remata o venres 15)

lunes, 4 de mayo de 2009

Concurso As preguntas encadeadas

2ª Pregunta:
Este famoso científico intentou rebater as teses dun filósofo grego sobre o movemento. Cal era o nome dese filósofo?
(O prazo para entregar a resposta remata o venres 8)