Visita á residencia da terceira idade "A Carballa"
O alumnado de 5º e 6º de Primaria que colabora no programa de Bibliotecas Solidarias, visitou a Residenca A Carballa, en Bóveda, e presentou un repertorio de panxoliñas.
Non queremos deixar pasar a ocasión para lle agradecer ao alumnado voluntario a súa colaboración, así como á mestra Ana, de música, polo traballo realizado.
lunes, 19 de diciembre de 2022
🎄🎄🎅 BO NADAL!🎅🎄🎄
Coma en anos anteriores, aproveitamos esta data para facer unha serie de recomendacións lectoras para animar á lectura, aproveitando estes días de lecer.
Ademais usamos libros recentemente expurgados para decorar o "hall" da biblioteca e desexarvos a todos un bo Nadal.
jueves, 1 de diciembre de 2022
Novembro, mes da ciencia na biblio🔬🔭📡📐💻
Durante o mes de novembro utilizamos a nosa biblioteca para expoñer unha chea de traballos de ciencia que fixo o noso alumnado de todas as idades.
Aquí tedes unha pequena mostra:
Os nenos e nenas de 5º curso fixeron unha exposición sobre o tema que estaban a traballar na aula:
O alumnado de 6º realizou varios traballos de ciencias sociais que tamén nos cederon para lles ensinar ao resto do colexio:
O alumnado da ESO, aportou unha orixinal manualidade para expoñer os elementos da táboa períodica en forma de árbore:
Desde a aula específica aportaron varios traballos STEM: desde un simulador de microscopio, ata un esquema do aparato respiratorio.
Outros traballos que realizaron os alumnos:
Ademais de utilizar a biblioteca como lugar central de mostra dos traballos realizados durante o mes da ciencia, tamén a utilizamos como lugar de encontro para facer exposicións orais dos traballos que fixeron nas aulas.
Velaquí temos unha investigación moi concienzuda sobre as constelacións que realizaron os alumnos de 5º e que posteriormente traballaron na biblioteca cun simulador de constelacións, no que tiñan que encontrar o que lle ía indicando a súa titora:
NORABOA A TOD@S POLO TRABALLO REALIZADO!!!👏👏👏
miércoles, 30 de noviembre de 2022
Primeros auxilios na biblio. 💉💊🔬
Ante o éxito que tivo o obradoiro de primeiros auxilios o curso anterior, este ano decidimos repetir a experiencia.
O obradoiro consistiu nunha parte teórica, na que se avalían os coñecementos previos do alumnado, e outra parte práctica na que os nenos e nenas realizan as técnicas que están a aprender: vendaxes, colocación en posición de seguridade, RCP, tratamento de queimaduras...
lunes, 28 de noviembre de 2022
25-N
O 25 de novembro celebramos os día da non violencia contra a muller.
Desde a biblioteca elaboramos un mural para colocar na entrada do centro e aproveitamos a nosa árbore de mulleres Bravx da nosa historia.
Tamén propuxemos unha chea de actividades reivindicativas para este día, que quedaron expostas por todo o centro escolar.
Pero ademais, o noso alumnado tamén quixo participar activamente nesta xornada como mostran as imaxes.
viernes, 11 de noviembre de 2022
🔥🔥 🌰🌰🌰 O MAGOSTO 🌰🌰🌰🔥🔥
Con motivo da celebración do magosto, os nenos de infantil trouxéronnos varios agasallos que deixamos expostos na nosa biblioteca.
A partir do libro: "O desenvolvemento dunha castaña", os nenos e nenas de infantil fixeron varias manualidades tecendo con la e empregando materiais de reciclaxe.
Os traballos quedaron moi vistosos!
miércoles, 2 de noviembre de 2022
conxuro máxico na biblioteca.
Para rematar a nosa celebración de Samaín na biblioteca, fixemos un conxuro máxico cuns ingredientes un tanto especiais, xa que necesitamos unhas cantas partes do corpo dunha bruxa, para que o noso conxuro tivera o seu efecto.
Imos ver se funcionou.
concurso de relatos de terror.
Seguindo o lema das bibliotecas escolares deste ano: "escribir a biblioteca escolar" , fixemos un concurso de relatos de terror. O día de Samaín o alumnado gañador contoulle os seus ralatos ao resto dos compañeiros.
Estes foron os relatos elexidos:
"A cabaza maldita", escrito por Nico, de 3º de primaria:
"Una noche inolvidable", escrito por Erea, de 3º de primaria:
"As ratas asasinas", escrito por Roi e Alejandra, de 4º de primaria:
"Historia dun castelo", escrito por Enya e Izan, de 4º de primaria:
"Laughing Jack", escrito por Amine, de 5º de primaria:
"Unha noite de Samaín", escrito por Manu, de 5º de primaria:
"Encontreite", escrito por Marco, de 6º de primaria:
"A moza paranormal", escrito por Anxo, de 6º de primaria:
"O bosque tenebroso", escrito por Xandre, de 6º de primaria.
Moitas grazas aos narradores e, por suposto, a todos os que participastes no concurso,👏👏👏👏
miércoles, 26 de octubre de 2022
lecturas recomendadas para samaín
O Samaín é un dos días grandes do noso colexio e, como non podía ser doutra maneira, na nosa biblioteca tamén o celebramos por todo o alto.
Para comezar, fixemos unha selección de libros recomendadossobre a temática para decorar o "hall" da biblioteca.
Esperamos que sexan do voso agrado!
martes, 25 de octubre de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O 24 de outubro
celebramos
o día das bibliotecas
escolares.
Quixemos implicar ao noso alumnado neste día tan especial, realizando unha votación coas súas suxestións para mercar fondos para a nosa biblioteca: dende títulos de libros que boten en falta, ata novos xogos, material audiovisual, coleccións...
Realizamos as votacións en dúas quendas, unha para primaria:
E outra para secundaria:
Ademais fixemos unha xornada de portas abertas na que o noso alumnado podía acceder á biblioteca en todos os momentos de lecer ao longo do día, para realizar as actividades habituais ademais de varias manualidades que tiñamos preparadas para eles (marcapáxinas e pulseiras).
Como nos anteriores cursos, aproveitamos esta data para iniciar a andaina das nosas mochilas viaxeiras.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!😄😄😉
viernes, 21 de octubre de 2022
CHARLAS DE FACENDA: a onde van os nosos impostos?
No mes de outubro, o alumnado de 5º e 6º de primaria mailo alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla na nosa biblioteca sobre o destino que levan os impostos que pagamos como cidadáns.
viernes, 30 de septiembre de 2022
HORARIO DE BIBLIOTECA.
Velaquí tedes o horario de uso da biblioteca para este ano escolar. Lembrade que podedes facer uso dela sempre que queirades, xa que este ano non é necesario manter os grupos burbulla.
lunes, 19 de septiembre de 2022
BENVIDOS!!!
Este curso iniciamos a nosa andaina con boasnovas, xa que por fin a nosa BIBLIOTECA volve á normalidade e podemos facer uso dela senningunharestricción.
Todo o noso alumnado pode acudir á biblioteca nos recreos e nas horas reservadas pol@s titor@s para acceder ao servizo de empréstito, xogar, facer uso dos ordenadores, charlar e, como non, ler e investigar.
martes, 17 de mayo de 2022
17 de maio: Día das Letras Galegas
Este ano o día grande da nosa literatura está adicado ao autor Florencio Delgado Gurriarán.
Se queres saber algo máis sobre o autor homenaxeado, mira este vídeo que prepararon @s alumn@s de4ºda ESO:
Fixemos unha chea de actividades:
Carnés e "genially" que fixeron en 1º de Primaria.
Ademais aproveitamos os cartaces enviados pola consellería para decorar os corredores do colexio e poñer a información sobre o autor nun lugar accesible para todo o alumnado:
viernes, 13 de mayo de 2022
💉💊🔬 semana da saúde 💉💊🔬
Ao longo desta semana o alumnado de Educación Infantil e Primaria participou en diferentes actividades relacionadas coa saúde.
Velaquí unha pequena mostra das charlas e obradoiros.
-Obradoiro de primeiros auxilios: Pupas, sustos e outros desgustos, no que participou o alumnado de 3º a 4º de primaria.
-Charla "Hixiene Bucodental" en colaboración con Adeslas, para o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.
viernes, 29 de abril de 2022
23 de abril: Día do libro.
O día 23 de abril é un dos días grandes na nosa biblioteca, xa que celebramos o día do libro. Este ano adicamos toda a semana para conmemorar esta data.
Decoramos o "hall" coa Eiruguiña comellona, xa que os máis pequenos e as aulas específicas están traballando cos vermes de seda.
Como en anos anteriores, fixemos todo tipo de actividades:
Murais e decoracións para ambientar a nosa biblioteca e outros recunchos do colexio.
Traballos sobre oslibros favoritos do noso alumnado, como este que fixeron en 6º de Primaria.
Pero a actividade estrela do día foi unha sesión de contacontos a cargo do noso voluntariado de biblioteca. Aínda que esta vez foi un contacontos un tanto especial, xa que utilizaron a técnica do teatro negro.
O alumnado acudiu en dúas quendas. Aquí tedes aos máis pequenos preparándose para a función:
A todos lles encantou, xa que os voluntarios fixérono moi ben e o resultado non puido ser máis espectacular:
O primeiro dos contos escollidos, foi "O parrulo enfurruñado":
O segundo conto escollido foi "Somos raros" , composto á súa vez doutros microrrelatos:
Como sempre, desde o equipo de biblioteca, queremos agradecerlle a todo o noso alumnado voluntario todo o esforzo e ilusión que poñen nas súas colaboracións!!! 👏👏👏👏👏
E para aqueles que queirades volver a ver os contos, velaquí tedes os vídeos.
O PARRULO ENFURRUÑADO:
SOMOS RAROS:
viernes, 22 de abril de 2022
"A eiruquiña comellona" e os vermes da seda.
Ao igual que fixemos o curso pasado, este ano os máis pequenos do cole van criar vermes da seda nas aulas.
Ademais aproveitamos a ocasión para realizar unha sesión de contacontos ao cargo do noso voluntariado lector. E, como non podería ser doutra maneira, o conto escollido foi: "A eiruguiña comellona", que lles contaron utilizando a técnica do kamishibai:
Posteriormente deixáronlles en cadansúa aula unha caixa cos vermes e déronlles unha pequena explicación de como se deben criar.
MOITAS GRAZAS ao noso voluntariado e a todos os participantes!!! 👏👏👏
viernes, 25 de marzo de 2022
21 de marzo: Día da poesía. O día 21 de marzo celebramos "o día da poesía". O alumnado da ESO traballou con varios poemas da súa escolla, que decoraron para posteriormente realizar un mural no que mostrar os seus traballos.
Velaquí tedes o resultado:
Aquí podedes ver unha mostra máis detallada dos poemas escollidos: